Cantiga De Pontevedra

A Roda

Compositor: Não Disponível

Pontevedra de corales, Lugo do cor do aceiro,
Pontevedra de corales, Ourense de limoeiro,
A Coruña de cristal-e. (Bis)
Ai la lelo, ai lala lo.

Retrouso
Polo mar abaixo vai unha sarten,
vai fritindo peixes han de saber ben,
han de saber ben, han de saber ben,
polo mar abaixo vai unha sarten.

Da de beber a quen pasa, Pontevedra e boa vila,
da de beber a quen pasa, a fonte na ferrería,
San Bartolomeu na praza. (Bis)
Ai la lelo, ai lala lo.

Retrouso
Polo mar abaixo vai unha sarten....

Ten unha pipa no monte, San Antonio da Caeira
ten unha pipa no monte, as mulleres beben viño
os homes auga da fonte, (Bis)
Ai la lelo, ai lala lo.

Retrouso
Polo mar abaixo vai unha sarten....

E mulleres con mulleres
o bailar homes con homes
e mulleres con mulleres e como a gaita sen fole
i o tambor-e sen cordeles, (Bis)
Ai la lelo, ai lala lo.

Retrouso, (Bis)
Polo mar abaixo vai unha sarten....

©2003- 2024 lyrics.com.br · Aviso Legal · Política de Privacidade · Fale Conosco desenvolvido por Studio Sol Comunicação Digital